Cor sen versos

Alizia

n4aliziacorsenversos.html


     Porque pode ser eterno o sol
pola noite, e se pechas
a cortina azul
perdes o tacto das miñas unllas.
     Eu mórdoche o ollar mentres serpeas
por esta porcelana e me raxas
o embigo ou os embigos.
     Sei que careces de ideas húmidas
para taparme
co cartón duro e dicirme
o típico
o tópico,
cantarme con vultos de pintura
sen osíxeno e non es quen
de pas(e)arme o pincel polas
papilas gustativas
(danche medo os círculos negros).
     Unha luarada para os
teus dentes,
un esquecemento en porción triangular
para a pouca respiración que
che quede no
cráneo.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega