Deborah

Nana Coromoto

n3nanacoromotodeborah.html
Hipnotizada escrebe
a marea que fuxe
tras semellante anxo



voz de afogada
en horizontal pura
diamando sen identificar
o prezo da escuridade




Z




froitaberta que leva
novembro en coitelos
branco deserto
sangue tacóns brillar




Z




colares de estranxeira
aterrando o pánico
atada solo resta
o desexo invisible




Z




lazos ou ruído
das chamas na fronteira
o baile saturado
plumas aladas bocas




Z




unllas tragar vontade
intrépida e óxido
cal mazá ben suxa
morte ó peso da auga




Z




salpicar desaborida
baixo a influenza
o vestido azul
escamal casa




Z




lingua máxica
montañiñas e blonda
retumbando burbullas
raras flores salvaxes




Z




por campos ardentes
da memoria soave
resgar as teas
palpitando queimas


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega