Diario dunha burguesiña algo masoca: entrepedra

Nana Coromoto

n3nanacoromotodiariodunhaburguesinha.html
     Non existe a diferencia entre ficción e realidade. Agora sei que son idiota idiota idiota idiota para toda a vida. Iso é o que quero ser. Idiota para toda toda toda toda a vida. Filma o que nos pasa un domingo pola tarde. Cecais un sábado nos dea máis felicidade. Está ocorrendo aquí na nosa casa, sobre a nosa familia, pequena ou grande, enteira ou destruída nunha parte esquecida, desa Europa a medio facer , traizoada por unha mentirilliña. Está todo escondido nun aparato bastante pequeno. Prateado e sangrante coma a rosa dun anel de compromiso. Pero é ollo de vídeo. Aquí chegou o teatro da vida violenta. Coa forza dunha serpe apedrada. A risa e o pranto. Todo nunha única caixa de zapatos novos compartida.
     Non te asustes porque nos mellores momentos sempre che entran ganas de facer pipí. Amén.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega