Diario dunha burguesiña algo masoca: flores

Nana Coromoto

n3nanacoromotodiarioflores.html
Para escribirche cancións tírome pola fiestra e caio no cemento
xa non como xamón serrano, quero que o saibas
nin sei o que significan as cofias
creo que é necesario que penses

Achegueime ao camareiro e propúxenlle escaparse,
eles e os músicos teñen máis posiblidades pero iso non quere dicir nada,
xogan con ventaxa,
é a noite, sí, xa o sabedes
o único amigo do sexo contrario no bar, iso é todo

ó propoñerllo él sorriu coma un gato
as flores son un mal negocio
agora?


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega