Ela é a (es)fera

Alizia

n2aliziaelaeaesfera.html

Ela é a (es)fera
pola que queren rodar
as mans perdidas dos luares azuis,
ela é a lúa agachada
que non permite bicos nos ollos/ nas pernas/ na mente,
ela é ela.
   (Dis)parar pode ser o único que nos vole lentamente
polo sino, polo silencio, polo sistema podre.
   Con tanto medo fóra das fiestras;
as pólas das árbores danzando no lume
húmido
e eu tapando o peito cunha folla cadriculada,
con tanto medo non chegarei a durmir
entre as
sabas cursis de flores rosas
fosforitas,
(para vender fungos ben valen).
   Seica non fai falla dar as gracias cando esqueces o ruído,
agora darei as non-gracias
aos sons do eco
sachado.
   Quédanme tres minutos
(¿sabe ela canto son tres minutos no tempo irreal?),
para pintar os ollos con imaxes
desaparecidas
e ausentes.
   Ela é ela,
soamente unha (es)fera
coma tantas outras.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega