Escolma Escarlata

Xabier Castro Martínez

Cando o ceo acouga   Cando o ceo acouga polo gran astro eu soño

Cando o ceo acouga


Cando o ceo acouga polo gran astro
eu soño.
Cando as luces do val somellanse ás estrelas
eu durmo.
Cando a lúa, solemne, preside a noite noiteira
eu esperto.
Mais cando o gris firmamento traenos a noite pecha
eu morro.

¡Cando eu sexa soterrado ao son dunha gaita galega!
¡Cando se achegue meu cadaleito ao ardor da nosa terra!
¡Cando se escoite no camposanto a lingua dos meus antergos!
¡E cando se xunten alí as vontades de traballa-los nosos predios!
¡¡Galiza... esperta!!





Pizza 2x1


Sociedade consumista 
que nos fai enlouqucer!
Non son máis que un estudante!
Non me podo esconder!
Prego a Deus que chegue o luns
coa súa oferta dous por un.
Anceio a masa fresca,
mozarella e tomate na miña mesa.
Piña, xamón, atún, cebola...
e incluso ketchup si se presta.
Cogumelos, olivas, gambas...
Nada cheira, nada apesta!
Agora só preciso
un compañeiro pra esta oferta.
Unha ialma necesitada
que tamén teña aboca aberta
deber tanto dous por un, tres por dous,
catro por tres...
e se nos da o seu enderezo
non lle cobramos moito prezo.
Imposibel resistirse
ante este gran "tinglado"!
Pizza-burguer-perri-sandwich!
O caldo xa está afogado.
Sen un peso estás perdido! 
Tes que sucumbir 
ante o capitalismo
para poderes vivir!





Nadando baixo a montaña
(cantar do Monte Furado)



Mergulleime no meu Sil
e avancei baixo da auga.
Subín para respirar.
Estaba baixo a montaña.

Alí escoitei a música
do martelo e o cincel
e vin brilar as rochas
de ouro querían ser!

Sentín o poder do Imperio
en cada pedra que toquei.
Cheirei a suor do pobo
agasallando o noso haber.

Lamentei que se marchara
a riqueza deste lugar
e quixen ficar na auga
baixo a montaña sen respirar.

Marchei canda a toalla
no antigo cauce fluvial
e decateime que outra Roma
ocupaba o noso lar.





O esquelete vivía


O esquelete vivía
no vello bosque frondoso
con ánimo altivo
entre sobreiras e soutos.
Impenetrabel lus.
Leve soidade.
Outeiro mínimo
na tupida follaxe.
Nen hortas
nen hortensias
na selva salvaxe.
Tan so un infra-vivinte
sen a súa plumaxe.
Tremendo espetáculo!
Gran contradizón!
Na inhóspita xungla
un invitado de honor.
Desprovisto de follas
pero vivo e con amor.
Doce arroupe outonal!
Veciños de folla anual!
Sen vergoña, sen rubor.
Espido de pudor!
Ateigado de ar limpo
sen exercer a respirazón
máis vivo coma as serpes
que con lento andar envolven,
póla si e póla non,
o seu corpo con paixón.
Na humidade do monte,
nesta pequena estación,
ninguén disfruta da árbore
que non é verde
pero marrón.
Probre procaz habitante
que reina con aflicción
porque aflora a súa magoa
pero non a súa flor. 






O ceo gris


Farto de mirar pra o ceo gris
a noite inunda os meus pensamentos.
Doéme a gorxa de berrar e de tusir.
Dóeme a ialma de alviscar o meu porvir.
Non aturo a cobiza dos demáis.
Rebéntame que non me deixen falar.
Non podo xa coa resaca estomacal.
Non disfruto da miña soedá.
Preciso dos teus bicos de novo.
Os pulmóns co teu fume encher.
Sentir poder, placer, amar e ver
como o teu cabelo se enreda entre o meu.
Que calen os condenados veciños!
Que rebente o meu compañeiro de piso!
Xenreira contida no meu puño
que axudado das palabras canalizo.
Os demos saen da miña mente
e abrazan o meu corpo.
Noto as súas correntes.
Volvede ao meu inconsciente!
Non hai bicos nin persoas,
tan só xente indiferente
que neste poema sen ritmo 
navega sen rumbo coherente.
Como odio esta poesía
intimista e case noxenta
que a modo de coplas xorde
fodéndome sempre os poemas!
Maldita abstracción mental
non sabes preguntar
porque non sabes
que respostas buscar.
Inmerso neste oceáno
que difícil é fuxir 
e que arduo que este ceo
deixe por fin de ser gris.





Curta noite de festa

Un día a nosa terra
será liberada.
A dictadura marchará 
das nosas rúas.
O gran xefe indio 
deixará de servirse
e os nenos aprenderán libres
na escola.
Ese día encheremos 
o bandullo.
Ese día bañarémonos 
nas fontes.
Ese día dará paso
a unha gran noite.
E na penumbra
racharemos as pedras.
Será así e para sempre
unha curta noite de festa.





Nestes intres


Nestre intres digo cousas confidencialmente.
Deslícese cada unha polo seu lado.
Por encima de lagoas, por encima de vales
ou no patio
onde todo o día permanezo.
Todo o meu soño féchase.
Poeta excelente, profundo, poético.
Medra o desacougo, irmáns homes!
Unha pedra en que sentarme quero.
Adeus sol!
Que pasará?





Primeira pluma


Veludo vermello, veludo.
O estoxo garda un tesouro
baixo o veludo.
Corolario dun plumeiro;
pluma de prata.
Inspirazón dos trazos.
Pluma estilográfica.





Chorei


Sempre quixen estar ao teu carón
e cando o conseguín chorei
de ledicia, de emoción...
Eu que sei! Chorei.
E chegamos alto, tan alto
que as bágoas xurdiron sen reparo.
Pero despois, ao baixarmos
Chorei
          en
               tódolos 
                    chanzos






Poema agarimeiro


Vacíasme coa túa ausencia.
Es luz ainda que tebra.
Es neno i es nena.
Rómpesme cos teus esquemas.
Cómprasme sen ter moedas
porque tes moita riqueza.
Énchesme coa túa presenza
e tamén coas tuas verbas.
Aprendíchesme a ve-la vida.
A disfrutala doutra maneira.
Es vento de referencia
de pensamento e conversas.
Ámote mais non toleo.
O que escrebo é o que penso.
Es raiola mañaneira.
Es lúa en Noite Vella.
Es boneca de porcelana
que si cae non escacha.
Pra ser fea es moi guapa
e pra ser baixa es moi alta.
Es, es, es...
todo canto ti queres ser.
I eu quérote, quérote, quérote...
porque si eu son é porque ti es.
Eu xa son vello pra amar
ainda que mozo de idade.
Pero os teus beizos chámanme
e ti...rómpesme, cómprasme, énchesme!
Tranquilízasme no teu ventre.
Es ar que non fai corrente.
Es, es e outra vez es 
todo canto ti queres ser.





Abella descarriada


Tiraches a túa rosa.
Desbotache-lo teu amor
e ao facelo as espiñas
fixéronche inmensa dor.

A rosa marchitouse
e ti fuches de flor en flor
colleitando moito pole
pero lembrando aquel ardor.

Mais o rosal floreceu
un novo arume de amor.
Era ela, a mesma rosa.
A mesma do ano anterior. 

Quixeches recuperala.
Apoucada pretensión!
E de novo...mancácheste
entre pole e paixón.

Tinguiches así de sangue
os pétalos daquela flor
mais ela seguíu enteira
recordando o teu amor.





Pranto


O seu nome é o de menos.
Non quero recordalo agora
como lembro a súa beleza
sempre imcomprendida.

Quixo ela revelarme
o seu íntimo presidio
e pese a todo acaricioume
entre as penumbras do viño.

Ela era ela aquela noite
i eu tan so era o de sempre.
Coma sempre irresponsabel.
Irresponsabel para sempre

Busquei a inocencia do seu ollar
pero ainda había un segredo máis.
Ese que ainda hoxe non sei.
Ese que non quero nin saber.

Dime porqué marchaches!
Nena da longa melena.
Esprito do pequeno corpo
que empalideces este poema.

Crebaches coas túas cadeas
sen avisar a ninguén.
Eras incertidume ainda.
O mundo enteiro por ver!

Loitara eu por ti anos atrás,
fráxil dama da noite estrelada,
cando ambos descubriramos
o medo de madrugada.

Moito despois coñecimos
o arume dos nosos corpos
que quixeron queimar o alcol
nesa que foi nosa noite.


Eu gardei o teu segredo
e xamais a naide llo dixen.

Se soubera mais de ti...





Escala de grises


A xente adéntrase no vicio
para poder vivir.
O tráfico, saída doada.
A que ten hoxe máis porvir.
Fácil de conseguir.
Fácil de pasar.
Viaxe segura e garantida.
Non importan os efectos secundarios.
Xa non hai sitio neste mundo ideal.
Non hai un oco.
Non hai un portal.
Nin ordenadores, nin videos, 
cámaras, chalets na praia,
coche grande ou coche pequeno.
Na miña nube son autosuficiente.
Sen oficina.
Sen parella.
Porque ter dous fillos?
Non son ianqui
ao mellor punki!
A fariña faime rico.
Montarei un negocio.
Coiros, pulseiras, 
colgantes, 
papel
coa cara de Bob
impresa no frontal.
Cartos.
Sucursais.
Cidades.
Empresario
sen esquencer o pasado.
Millonario
pero fumando e fumando.
Fodendo os pulmóns
entre maruxa e tabaco.
Escoitando hard-core 
cunha moza ao meu lado.
Casar aos corenta
sen non enfermo ou palmo.
Agora teño doce
e un futuro envexado.
Mañá cumplo trece.
Vou facer un encargo.
Está ben pagado.
Non penso aforralo.
Grandes conclusións!
Hai que celebralo!
Son probe e pequeno
mais terei moito diñeiro
e quen sabe...
algún día videos, 
cámaras,
ordenadores.
Vendereinos todos
a prezo especial.
Tangareinos en tendas.
A min dame igual.
Eu non os quero.
Eu só quero fumar.
Fago o que me dis.
Non fago preguntas.
Levo encargos 
sen coñecer a ninguén.
"Este paquete...
deumo un señor...
Pagoume
por cruzar a cidade...
Non sei pra quen é...
Non me faga nada señor."
Naces, creces, traficas
e morres.
Sempre é igoal
nesta merda de cidade.
Os ionquis
cheiran mal.
Eu durmo con eles
nesta casa
abandoada
que un día
habilitarei
con pintadas
de tódalas cores.
Branco.
                    Gris.
Negro.
Teño toda unha vida
por diante
neste lugar.
Neste 
meu lar.






logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega