Galicia

Toni García Arias

n3tonigarciagalicia.html
Anhelo a paisaxe da miña infancia;
o aire afogado en humidade, o salitre,
os días de choiva nos que nunca amence.
Anhelo o óxido do estaleiro,
a morriña ancorada no porto
coma ondas que agardan mareas
e esa voz lonxana, escumosa,
que nos lembra que o mar
sempre é distancia.
Anhelo esa paisaxe
coma unha dorna anhela travesías,
coma se anhelan os bicos, as maos, as apertas,
no umbral de esos corpos
que xamais foron nosos.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega