I

Jun

n3junI.html
teño frío nos brazos, o sol treme a carón deste anaco de mundo que non me pertence —ilusa eu e os milleiros de eus que petan na cabeza con inxenuidade—

imaxino que me perdo, que perdo o norte, que caduco, que naufrago, que me atopo e sorprendida fago como que non me recoñezo para seguir xogando desde a nenez que debuxei á miña vontade

teño un dragón berrando no embigo

e unha tartaruga erguéndome sobre o chan

e se miras directamente no meu ollo atoparás un demo bailando espido co corazón de plastilina

e se miras directamente no seu ollo atoparasme a min, ergueita sobre unha tartaruga para non queima-los pes


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega