Jeckill está só e o sabe.
Dentro de todo o que lle pasa pola cabeza hai un constante coñecemento
da súa incapacidade para deixar de estar só, por iso Hyde ¿verdade,
Jeckill?
Por iso Hyde. Como última posibilidade e táboa de naufrago
desesperado. Hyde and seek pola vida, pola posibilidade desa vida allea
ó coñecemento real que dan os pasos no chan.
Nun baile de paralíticos o que nunca puido andar é o rei, pero Hyde
baixa a Jeckill ó momento seguinte. Pouco antes do afundimento chega
unha carta sen nome e sen selo que di que Hyde vai morrer de soidade,
por iso Jeckill, unha vez máis.
Por iso Jeckill. Por que o sabe, vivindo co seu constante coñecemento
peregrino-no mundo-do real-real. Incapaz, como todos, como Hyde, de
deixar de estar só. |