Lepidóptero

Andrés Cachamuíña

n3andrescachamuiñalepidoptero.html

Regaláchesme unhas ás para soñar,
para poder voar ao teu redor,
cegadora luz de esperanza.
Fixéchelo co primeiro beixo
ou coa primeira caricia;
pero a altura do ar está ateigada
de vertixe e planea un misterio
encol das sombras que aínda descoñezo.
Non quixen deica este intre
usar as ás que me entregaches,
senón gardalas e sentarme ao teu carón
agardando o momento máis propicio.
...
Hoxe axéitome esas ás sobre os ombreiros,
mido a distancia, a dirección do vento
e dispóñome a saltar, sabendo
que se non atinxo a túa órbita,
sen remedio, precipitareime
ao baleiro.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega