Miseria

Rosa Lois

Miseria

Nunha esquina dunha probe casa
chora unha probe muller.
A uns pés rendida cae,
e é tan probe a probe muller,
que nin sequera ten bágoas
para poder derramar
sobre os probes pés
doutra probe muller
chamada MISERIA.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega