Navigator

Aultre Narai

n3aultrenarainavigator.html
Sen cartos de calzado algún
Lanzareime Mar adentro
A bucar a súa fin
Coa simple escusa de roubarlle
Do seu ventre o seu tesouro

Estacións a pasar sobre min
E dúas caras do meu benquerido amor

Grandeza

Furia con olor a salitre

Sete mares surcados
Coma un tal Barba Vermella

Eu de carne e óso
Carcomido pola vellez do meu cansazo
Ionqui dos seus amenceres
A Rosa dos Ventos a miña
Amante
Fillos deixados en terra
Sen pai
Muller da que xa non lembro nin a
Sabor da súa se
de

Nas miñas veas o sangue extinguiuse

Só queda o Mar da Vida
Que me come día a día

Xa te conquistei, Mar
Ou ti a min
E agora o meu camiño
Está escrito nas estrelas
Non cara o fogar que
Xa non posúo

Só cara a eternidade

                                           Coma ti


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega