O enfermo

O propio enfermo

Biblioteca Virtual Galega - Sección de Nov@s

Non...
Non podo esperar que me ames.
E no fondo dame igual
que me queiras ou me ignores
ou mesmo me odies.
Eu ámote porque si,
porque non me queda outra saída,
porque é unha enfermidade
que crece dentro de min
e me consume
e me vai matando día a día.
Eu non decidín darche o meu amor.
Foi el o que acordou devorarme,
apoderarse de min,
colonizar a miña vontade;
por iso non espero nada a cambio,
non podo esperar nada a cambio,
non debo esperar nada a cambio.
¿Qué arranxaría que ti me devolveses
este sentimento que me embarga?
Nada,
o meu amor faríase máis intenso.
¿Qué solucionaría posuír a túa pel
e poder abrazarte todas as noites?
Soamente
aumentaría a miña dependencia de ti.
Estarías aínda idealizada
no meu pensamento,
seguirías a ser o meu amor platónico.
Iso nunca podería mudar.
Non...
Non podo esperar que me ames.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega