Os Espellos

Toni García Arias

n3tonigarciaosespellos.html
Os ollos, faiado de imaxes,
van esquecendo brandamente
a crara luz dos instantes.
Tamén a pel lembra,
coma unha folla en branco
que se enche de voces, roces, latexos.
Ás follas tamén haberá de chegar a sentencia.
O que onte foi unha árbore
hoxe é
un anaco de papel que adiviña a cinza.
Todo o que nace -pel, ollos, follas-
xurde dunha nai de pó.
Tamén meu corpo; xove,
forte coma unha árbore que se adorna de verbas.
Mirádeme ben:
velaquí o espello, velaquí o cadavre.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega