O sol espido

Alizia

n4aliziaosolespido.html
Achegarse ao sol coa
punta da lingua,
espir o home das pestanas azuis
sen que sexa utopía..
Sen que sexa utopía, que nos leve,
que nos rumíe nos ollos do sono esperto.
Tamén a pronuncia nos afoga
os papeis brancos
e vermellos, seino, e penso
que ela tamén o sabe.
Un éxodo no que entre a
pana rosa escura sen fíos mornos
e camiños cruzados; INRI
(¿ou con cruces?).
Desexade as miñas unllas
para calcularlle o
cateto oposto aínda sen ter
máis datos ca o ángulo
desta gorxa (re)partida.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega