Porque sinto que me valeiras cando os teus
raios
p e r s o n i f i c a d o s
intentan berrar en
azuis escuros.
Ráscasme as cellas co son da noite quente;
pola mañá dasme
sono en
porcións de
desexo
cobradas anticipadamente. Pode que me trema a man dereita ao escribir
coas
unllas
negras,
mais non ten porque ser certo,
(¿ti cresme?).
Os bicos de sabor a
uva
xa están moi doces...,
cando as froitas podrecen acaban por aborrecer.
Vendímame
as verbas.
Quedarei liberada das
noites curtas
e non razoarei coa
tinta podre.
Quero quitar con forza
o pelo que me sobre diante dos
ollos
marróns.
Mañá dareiche a prova da
sega.
|