Pecadiñorixinal

Nana Coromoto

n2nanacoromotopecadinhorixinal.html

...no need to marry to love you dille Betty Page axeonllada disimula o temor sobre o calcañar sete centímetros embaixo da tapiña sucia no tacón negro o cabelo de coiro pero sen remaches os brazos pintados co escuro esmalte brillante dunha segunda pel arruñada sobre todo por onde pasa esa vea tan importante para o cabalo e mailas enfermeiras e tamén no antebrazo dereito ó dobralo coa finalidade de soster coma prenda un fular de pura pluma de anxo boxeador lixeiro ceo azul detrás dos enormes peitos con moita delicadeza a man non se lle ve resgardada embaixo da teta zurda prémea e volve separala só un anaquiño por ver se aínda sente os latexos azoutados na canción estoupa o corazón polo desexo ou pola coca esta noite Betty Page son afundindo coma picadores de xeo agullas acibeche na carne rosada quente insolente por primeira vez confío nestas medias de rede sobre o papo da perna ou mazá de eva ou adán pois aínda non ten claras as funcións do polgar e índice coma pel de animal viscoso ou dunhas longuísimas botas de pitón que mantén con froitas boas para comer nesta guerra outonal orgásmica festa caída das dúas primeiras follas...


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega