Pequena homenaxe a Sir Arthur Conan Doyle

Clanagh

n2clanaghpequenahomenaxeasirarthur.html

     ...O cheiro do meu amigo era inconfundible: unha mistura casi perfecta a tabaco, soedade, morfina, gabán vello, chuvia. Estabamos a camiñar polo medio dunha das noites máis escuras do ano 1896. Aquel ano fora especialmente escuro, e o mes de novembro deixara Londres baixo unha néboa cáseque opaca que envolvera as almas nun estado mortecino e desanxelado.
     Camiñábamos a bon paso, os zapatos na auga repetían o son dos nosos corazóns inquedos. Dirixiamonos cara un dos máis grandes misterios na vida do meu benquerido Sherlock Holmes.
     —Imos, Watson.
     —Imos, Holmes.
     Xa facía media hora que saíramos de Baker Street nunha dirección para min descoñecida. Excuso decir que non era a primeira, nen sería a última vez, que a meta era descoñecida para min. Ben coñecido é de todos que a Holmes gustaballe dar un aire dramático á resolución dos casos, para logo sorprendernos cunha fila de deduccións que nen por asomo pasara polas nosas cabezas.Tamén é verdade que eu, o doutor Watson, mellorara bastante a percepción e máis dunha vez fixen que non sabía nada e xa coñecía os movementos do meu espigado amigo. Pero aquel novembro, non tiña nin máis mínima sospeita de que estaba a coñecer o segredo máis grande de Sherlock Holmes...
     .......
     Cando chegamos a aquela pequena igrexa de Whitechapel, sorprendeume que as luces estiveran acesas, tamén me sorprendeu a reverencia do meu ata o momento descreído amigo. Non puiden ver a ninguén. Achegamonos ó altar.
     —Tome, Watson.
     Deume un pequeno paquete que semellaba un xoeieiro.
     —Holmes, de que se trata agora?
     —Amor, Watson.
     Poido xurar que o meu corazón deu un tremendo brinco de medo. Non sería verdade todos aqueles rumores que corrían por Londres de que meu amigo era un invertido? non entraría nun estado de alucinación despois de tanta cocaína e morfina? era eu...? Meu Deus, Holmes estaba a tolear.
     Mais cando me dispuña a contestarlle non con boas palabras, ouvin uns pasos na porta da Igrexa. Mirei coa man no revolver que soia gardar baixo o abrigo e quedei máis que nunca abraiado cando vin a Mycroft Holmes do brazo dunha muller vestida completamente de branco cun fermoso velo tapándolle a cara.
     Os meus ollos correron rápido cara os de Holmes e vinos brillar como nunca os vira. Empecei a decatarme de que John Watson, doutor en Mediciña, ía ser padriño de bodas de Sherlock Holmes, detective consultor....
     ......
     Pasamos sete anos vivindo en casa separadas, eu coa miña querida Margaret, e el coa súa benquerida Irene Adler....
     ....Deulle tres fillos, Mycroft, John e Mary. Morreu no parto desta última. Holmes veu a vivir cos cativos e con nós a Somerset onde eu gañara a praza de médico. Nunca volveu a ser o mesmo....
     ...Hoxe fai vintetrés anos a pequena Mary. Seu pai xa non está aquí, e Margaret e máis eu estamos felices de ser os seus acompañantes o día do seu ingreso na policía londinense. É a primeira muller inspectora do Reino Unido....
     ...Mycroft ocupa o posto do seu defunto tío no Ministerio da Guerra.
     ...John ocupa as habitacións de Baker Street. Escribe tratados sobre a cinza de tabaco e é consumidor habitual de cocaína. Tamén é o retrato de seu pai. Algún día falarán del como o auténtico Sherlock Holmes. Cousas que ten o devenir histórico da máis grande lenda, e cousas que un vello quere recordar para que nunca se esqueza a memoria do máis grande home que coñecín en toda a miña vida, Sherlock Holmes, detective consultor.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega