Reconstrucción

Claudia Castro

n4claudiacastroreconstruccion.html
É bonito, difícil e triste
                                          reconstruírse.

É bonito reconstruírse
véndose guapa co cabelo limpo
cheo de dedos desleando os teus rizos.

É difícil reconstruírse
resacosa de saloucos
e mil cachos de cristal por pegar.

É triste reconstruírse
compoñendo sete vidas mortas en batalla,
encaixando pezas de pateira naufragada.

É confuso e complicado
                                          reciclarse.

Reciclarse tras amar e saber
que a túa vida non chegará a netos.
Reciclarse tras acabar de patrullar
lonxanas anatomías.

É fermoso
renacer.

Fermoso mergullarse na lama
para xurdir con unllas e dentes

de RESISTENCIA.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega