Sen Título I

Lilith13

n4lilith13sentituloI.html


E vaste sen remedio, raíña,
hacia ese limbo
no que vagan os esquecidos.
Sen ser capaz de entender, corazón,
o porque do castigo.

Bágoas de mar e pedra,
tristeza maternal
polos fillos-corvos desnaturalizados.

E sabes que non volverás, amor,
estrela errante na nebulosa
de espíritus,
sabedora por fin de que non verá a túa luz
quen está cego.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega