Sen título

Sarela

n3sarelasentitulo.html

Se volvese nacer
o único que buscaría
desta vida que levo
serías ti,
por seres o alento
que se achega
e me fala no ouvido
que siga,
que tire cara adiante,
que no final
estaremos xuntos,
que algún día
darei contigo
e que cando te vexa
teña feito o conxuro de unión
que me pediches
para poderes ser sempre un.
Se volvese nacer
non te tería perdido.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega