Sen título

Alizia

n4aliziasentitulo.html


Quitarei estreliñas negras
do ollar,
a luz cegarame a concentración
e todos os números
que fuxan de novo xa non se
deixarán nunca bicar
polo meu sino
a raias.
     A calor pídeme que che suprique;
que me arrastre
pola memoria e non lle deixe paso ao
esquecemento.
     Sei que ti, coma os números,
tamén escapache e
agora estás
dando voltas nalgún
reloxo sumerxible.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega