Sen título

Andrea González Chapela

n2andreagonzalezsentitulo.html
     —¡Non! Dixenche que non quero nada contigo, ¿non o podes entender? Non és máis cun cabrón.
     —Pois se che digo a verdade non, non o podo entender, e agora vouche demostra-lo cabrón que podo chegar a ser, ramera de merda.
     Recordo aquel día coma se fose hoxe mesmo, non o puiden entender, aínda non o entendo, pero agora sei que pasou e que fun unha cobarde, quedeime calada, e sei que por iso moitas mozas coma eu han sufrido e aínda seguen a sufri-lo mesmo ca eu. Daquela eu era unha nena irresponsable que so pensaba en pasa-lo ben a toda costa, e aínda agora, despois de dous anos sego a pagar por elo.
     Chámome Mónica e teño dezaseis anos, aparentemente son unha nena normal, coma calqueira da miña idade. Mido 1,65 cm, teño o pelo castaño e os ollos dunha cor marrón tirando a verde. Segundo a xente que me coñece, son moi faladora, a verdade e que pásome o dia falando e as miñas notas podese dicir que son boas, se quitamolo detalle das faltas de asistencia). Vivo cos meus pais, e coa miña irmá maior en Pontevedra, e se algo teño que admitir é que despois de tanto tempo aprendín a querelos e agora sei co único que queren é o mellor para mín e que eles tamén me queren a pesar dos meus bastantes defectos.
     Todo comezou a noite de San Xoan do ano 2000. Daquela eu andaba con xente máis vella ca mín, e en consecuencia empezei a fumar e a facer cousas das que agora arrepintome dende moi moza.
     Esa noite díxenlles ós meus pais que ía durmir a casa de María, unha compañeira miña de clase daqueles tempos, e en vez diso funme durmir a casa de Uxía. Borxa e Jaime, o meu mozo.
     Viñeron recollerme sobre as oito e fumas a Marin a deixalas miñas cousas. Nada máis chegar o primeiro que fixemos foi liarmos uns petas mentras agardabamos por Rebeca e Borxa, que habían ido a colle-lo material. Cando chegaron estivemos a decidir onde ir, e o final, despois de estare discutindo durante máis de media hora, decidimos ir ata Bueu. Chamamos a tódolos nosos coñecidos para contarllelos nosos plans, e fumos hacia ali.
     Eramos uns cincuenta, recordo que empezei a fumar maría e a beber, pero iso non me chegaba, necesitaba algo máis, algo máis serio, e enton foi cando Borxa sacou o cabalo. Non era a primeira vez co tomaba, pero ainda recordo a sensación que me deu ese día, intentade imaxina-lo voso mellor orgasmo e multiplicalo por mil, iso é o que se sente. É unha sensación incrible, pero despois dun tempo esfúmase.
     Ó redor das catro da madrugada, a xente empezou a separarse en grupiños e parellas. Eu perdín de vista a Jaime, e decidín ir dar un paseo ata a playa do lado. Coñezo ben esa zona, porque aínda que non viva alí, son de bueu e paso alí a meirande parte das miñas vacacións, exactamente nesa praia.
     Senteime na area, recordando tódalas cousas que vivira naquel lugar, e foi entón cando acercouseme. Non sei se il xa estaba na praia ou se me viu no camiño e, o verme, decidiu acercarse a mín, e é algo que nunca chegarei a saber. Soamente sei que acercouse e comezamos a falar. Eu estaba cun colocón do quince, por iso cando comezou a apertarme e a bicarme nas meixelas, non lle din importancia. Pensei que soamente quería ser amable comigo e axudarme co baixón que xa estaba facéndose de notar. Pero non foi asi, empezou a tocarme e a bicarme nos beizos, e foi entón cando me din de conta do que el queria, e díxenlle que non, pero non me fiso caso.
Despois foise e eu quedei alí soa, chorando, sentíndome coma unha merda, culpándome a min mesma polo que había pasado. Ata que chegou Jaime. Non lle dixen nada. Preguntoume porque choraba e díxenlle que acordabame de moitas cousas naquel lugar.
     Chegamos a casa e funme para o baño, sentíame sucia. Quiteime a roupa, tireina ó chan e mireime ao espello. Rompín a chorar, non me podia ver a mín mesma, dábame asco. Abrín a billa da ducha e metime debaixo da auga fervendo, quemábame pero eu so pensaba en quitarme esa suciedade que sentía no corpo. Froteime todo o forte que puiden coa esponxa, ata que me fixen dano, pero seguinme a sentir igual.
     Durmín con Jaime coma tódolos días que pasaba-la noite na súa casa, pero non foi coma sempre. Metinme na cama e cando empezou a bicarme e a acariciarme, rexeiteno. Non me sentía capaz de facer nada con el, sentíame coma se lle houbese sido infiel, el xa non era o único que me había feito o amor. Iso molestoulle, non dixo nada pero eu o sabía, notabao, simplemente sumimonos en silencio ata quedar durmidos.
     Cando espertei, el xa non estaba, fun o salón a ver se quedaba algo do día anterior, sentíame mal e necesitaba algo que me axudara a olvidar, ainda sabendo que so ía ser temporalmente, e cando cheguei vin a Uxía que xa estaba cun peta na man, pasoumo, e sen pensalo máis de duas veces empecei a fumar. Mentras, Uxía empezou a liar outro ó mesmo tempo que me contou que os outros habían saído a compra-lo almorzo.
     E sacou o tema que eu quería evitar. Preguntoume que era o que me pasaba, que dende a noite anterior estab moi rara e que Jaime o había notado e estaba moi procupado por mín. Non o puiden evitar e boteime a chorar coma facía tempo que non choraba, e decidín contarllo, necesitaba desafogarme, quitarme ese nú que tiña na gorxa . Pedinlle que non llo dixera a ninguén, e despois de que mo xurara relateille a historia que acabo de escribir. Comprendeu coma me sentía e o primeiro que me dixo foi que eu non tiña la culpa, que eu non había feito nada e que o único culpable era el. Daquela eu non cría ca iso fora así, pero ó simple feito de sacarme ese peso denriba fíxome sentir un pouquiño mellor.
     Pasou un ano, e eu aínda seguia con Jaime, o daquela noite xa quedara enterrado no fondo do meu ser, pero ó parecer as miñas desgracias aínda non habían rematado.
     Era venres, 17 de Agosto, eu tiña moita presa, pero non contaba co que me iba
a suceder ó chegar ó meu destino.
     Eran as nove, e eu había quedado con Jorge as nove e media no descampado de
detrás da discoteca.
     Neste ano que había pasado, mudaran moitas cousas. Jorge e Borxa, empezaron
a meterse máis nas drogas, ata tal punto que tiveron que empezaran a traficar.
     Habíame dito que o iba a deixar, que xa estaba máis ca farto, que non quería ter
máis problemas, que non quería seguir no mundillo da droga, que, ser camello non era tan divertido nin tan fácil coma el pensaba.
     E cando cheguei encontreimo colgado, colgado da única árbore que había naquel
descampado e, resulta que xusto ese día o iba a deixar.
     Díxose que foi un suicidio, pero toda a xente do pobo sabe que non foi así, sábese que co cabalo non se xoga, e que, unha vez que te metes, so tes dúas posibilidades de sair: ou o exilio, ou a morte.
     Nin sequeira puiden quedarme alí, fun correndo coma puiden ata a casa de Damián. Díxenlle o que había visto e, ca eu, non podía chamar a policia porque non quería ter que ir declarar; non quería cos meus pais enteráranse, de co rapaz que aparecera colgado da árbore de detrás da discoteca, había sido o meu mozo.
     Damián chamou a policia, pero so dixo co había encontrado alí, non dixo nada de mín, nin dixo nada de co rapaz que estaba morto, era un camello que xusto ese día o iba a deixar. Ninguén dixo nada, non se dixo nada por medo a correr a mesma sorte.
     Sa pasaron case tres anos dende o ocurrido. Agora son o que debería de haber sido sempre: unha rapaza normal, dedicada os meus estudios, a miña familia e o meu mozo, un rapaz común coma tantos outros, que non ten máis preocupacións das que podo ter eu.
     E aqui estou, sentada nunha cafeteria situada en marín relatándolles isto, pero coma todo, tamén ten una explicación, ¿ou non vos preguntarades porque ou para que estou a escribir isto? ¿que é o que me leva a contar a verdade? ¿porque esperei dous anos para isto?
     Escribín esta historia porque xa non aguanto máis, necesitábao contar para axudarme a mín mesma e para axudar as personas que pasaron pola mesma situación ca eu, e que se sinten culpables, porque quedándose calada non se amaña nada senón que se deixa o camiño libre para que esa persoa que che fixo dano a ti, llo volva facer a alguén. E se non o contei antes foi por que non estaba preparada, cría que eu tiña-la culpa e ademais so era unha nena.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega