Sen título

Desfeito

n3desfeito.html
Hai unha barreira traslúcida
que esmaga o meu peito rexo,
unha nubre,
unha gaiola,
un profundo cheiro a esterco.

Non son tebras as que ocultan
a miña puta alma ferida,
non é fume,
son coitelas,
que remataron coa miña vida.

Non hai sangue nas miñas veas
o meu corpo non é máis
que un regato en tempos de seca.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega