Sen título

Alizia

n2aliziasentitulo.html

E polas noites pecha as mans
con forza,
escurécenos o sino gris
e marcha doente por non atopar o
silencio-esgotado.
 A min nunca me cantou/contou
os desexos sádicos
e as ansias
de afogar pombas noxentas,
(eu sei que iso é o seu hino, e non me parece mal...).
 Son (in)consciente nestes intres
e non
quero
preciso
saber os pensamentos
dos seus puños negros e apretados.
 Deixarei que me
pasee a lingua polas pernas,
que me fale coas coxas neste idioma,
que me conte/cante só o preciso
para (en)tendernos ao sol.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega