Sen título

Carmiña Boa Vila

n3carmiñaboavilasentitulo.html

Adoro escribir
ao acodiren as primeiras sombras
da tardiña,
entretecendo as cores,
enmeigada nese solpor
que tanto se asemella á miña anguria.

O ritmo do silencio
achégame a aqueles pensamentos
que non se afastan nunca,
e me aventuran
na frialdade doutra noite soa
á espera da visita dalgún trasno.

Mentres o tapiz estrelado
aconchega docemente o piñeiral,
miro a páxina branca
e xogo outra noitada mais
a petelar os nomes
da envoltura rancia da rutina.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega