Sen título

Dean

n3deansentitulo.html

     Soa a bohemian rapsody nun pequeno aparato de radio nun pequeno pobo de Escocia. Soa entre un nescafé e uns días que se acaba en menos do que podes imaxinar. O sol non levanta máis que un pouco e parece un eterno atardecer. Supoño que o é.
     Tés a cabeza cuberta de gorros de lá, claro que hai máis lá dentro que fora, tés a cabeza como un bombo, está a piques de estoupar, por qué estás aqui? porque sempre me preguntan iso, e por qué nunca sei decila verdade?
     Podería dicir mil cousas, máis hai algo que non me deixa mentir. Estou por ti.
Xa non soa a bohemian, agora os Lightning seeds, gracias deus pola seleccción musical, e lucky you. E pregúntome si realmente son afortunado. Que carallo o vou a ser, entre néboas e gueivotas, só vexo a túa faciana, só vexo o teu corpo entre os poucos corpos femininos que asoman polas rúas, quero que a miragre mais grande se cumpra, quero que estés aqui.
     Teño que andar cara unha casa adosada na que os cds me siguen a recordar a autobiografia sonora dunha perda.
     Non poido esperar que un avión me mande de volta para que poda saber algo de ti. Unha forza descoñecida, algo asi daría lugar á terceira parte de star trek en Escocia, trekkis en kilt, dime que por fin teño a cabeza no punto exacto antes do non retorno. Que querías de min? que esperabas? que te olvidase? podes olvidar? agora os wallflowers, o que non arranxa nada, porque eran os nosos favoritos musicos sexuais.E volto a pensar en ti.
     Deixaría de pensar por algun intre? Podes contestarme antes de que sexa demasiado tarde.
     Namoreime dunha gueivota suicida e dun asfalto mollado, espero un autobus nunha esquina onde endexamais chega e vexote pasar, e pasas, outra vez e mil máis, por debaixo da liña de flotacion dos superviventes ós holocaustos sentimentais.
     Un día, calquer día, perderei o rumbo, e perderei o cupo de sentimentalidade que me donou a providencia. Xa o tes ti, telo nun caixón baixo chave, non queres miralo, mais, esta aí, latindo en pequenas dosis.
     Sinto que un abrazo prolongado rematado nun bico pequeno que se prolonga nunha sucesion de caricias aloumiñadas e bicos desenfrenados só é posible se estiveras aqui. Se viras o que eu vexo, se non me envexaras por fuxir e fuxises     conmigo.
     Deus salve á raiña, miña raiña.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega