Sen título IV

Chomsky

n3chomskysentitulo4.html

DURME durme meu neno
murmura non esquezas quen es
e non teñas medo
que eu son contigo -non penses

e o neno dorme tranquilo
mentras a nai debuxa
poemas do ar nas súas costas

mentras o seu rostro repousa
feliz e saciado i espido

abertas apertan a area as súas palmas.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega