Sen título II

J. Francisco Varela Rial

Enchín de escaleiras teitos e chans para chegar a ti sobre chanzos que se rompían imaxinarios
A bolboreta pousouse no teu peito.

Viches o amencer a través das súas ás

(as súas fráxiles ás)

«¡Que fermoso!», díxoche,
bateu as súas ás

( « ¿Viches que amencer tan fráxil? » )

e

O anxo pousouse no teu peito.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega