Un soplo de algo

Taiga

n4taigaunsoplodealgo.html

É que me cae encima o teu alento
e pésa-me coma cando me dis
QUÉRO-TE
e a miña pluma quere escribir
versos que non falan de amor.
Non me mires a través dos
ollos da morte
só porque hoxe non beba
do teu amor
só porque hoxe non viva
de soños.
[A liberdade trae unha cadea
atada ao pescozo
e non sabe
que a chave a ten no peto]


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega