Un soño esvaído

Aura 31

n4aura31unsoñoesvaído.html



13 novembro 2003
A todos aqueles que me apoian.

     Sara estaba alí, diante do nicho onde Daniel descansará para toda a eternidade. Agora xa non volverá e ela séntese tan vacía por dentro que non atopa ningunha razón para seguir vivindo. Pensa que quizais non merece estar aquí e que sen Daniel para ela nada vai ter senso a partir de agora... Nada polo que loitar, nada que acadar, ningún obxectivo, ningunha ambición, NADA.
     Todo comezou tras aquela visita ó médico; aquel día as ilusións de Daniel e os seus soños víronse esvaídos para sempre; as ganas de seguir con vida esfumáronse, a súa esperanza de vida era cada vez máis curta. O que o doutor lle dixera non llo contaría a ninguén, nin sequera a Sara.
     Pero agora Daniel precisaba falar de inmediato con alguen sobre o que sufría facía uns meses. El sempre fora un rapaz de moita vitalidade, forte e rexo, con ganas de comelo mundo; pero agora todo se volvía nada e sentía que o seu corpo pronto sería cinza.
     Durante unha longa temporada intentou manter o segredo, xa non podía soportalo máis e sentía a necesidade de compartilo con alguén. A única a quen llo contaría era Sara, a súa amiga, a súa razón de vivir e pola que aínda sentía que podía seguir loitando.
     Sara coñecía moi ben a Daniel, sabía que desde facía un tempo para atrás el estaba preocupado por algo, nunca se imaxinou que poidese ser de tanta gravidade.
     Quedaron para estar xuntos coma todos os venres, para falar das súas cousas. Sempre acostumaban, despois dun longo paseo pola praia, sentarse a reflexionar fronte ó mar mirando o horizonte. Sara, que xa notara a Daniel nervioso durante o paseo, preguntoulle que lle pasaba. El gardou silencio, pero non as bágoas que comezaron a escorrer polas súas meixelas. Ela estábase preocupando, nunca vira chorar a Daniel daquela forma e presentía que algo grave lle acontecía. Así que abrazouse a el esperando unha resposta.
     Daniel pensouno moito antes de contarllo, sabía que Sara era forte pero temía que se derrubara. Sacou forzas de onde puido e contoullo; ela quixo pensar que o que os seus oídos percibían non era certo, que era un pesadelo. Non foi así, todo aquilo era real, era verdadeiro e non estaba nun soño. Pero non se bloqueou, sabía que ela era o único pretexto polo que Daniel sentiría forzas para seguir loitando, a única que conseguiría que el seguise adiante ata o final. El contaba co apoio de Sara de forma incondicional e para sempre.
Agora tamén as bágoas caían polas meixelas da rapaza. Sara colleuno fortemente da man e propúxolle vivir o que lle quedaba sen pensar nos límites, sen pensar no final, disfrutando do mellor, xuntos e sen barreiras. Aquel insatante que estaban a compartir nunca desexaron ter que pasar por el, pero era o que o destino lles deparara.
     O sol xa se escondía tras o horizonte e mentres, Sara fregáballe o lombo a Daniel de forma agarimosa e bicándoo de vez en cando na meixela, el sentíase seguro, protexido, pola rapaza.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega