Vedett da Medianoite

Rosa Lois

Vedett da medianoite

Había equilibrio no orballo que mollaba o seu cabelo.
Era ninfa de deuses, deusa de homes borrachos,
sen escrúpulos.
Vedett da medianoite, de casados sen mulleres.
Non era feliz, tampouco desgraciada.
Sorría con cautela, abrazaba cun sorriso.
Mais era triste.
Puta de uns, dama de outros.
E nada diso era ela.
Só o que non amosaba no corpo espido.
Iso era.
Había incluso certo amor en cada bico.
Certas gañas de querer, certo desexo de amar.
E amou a aqueles que non amaron.
Dela quedou o rocordo nas esquinas da cidade.
Nos currunchos do corazón daqueles homes borrachos.
E solitarios.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega