nnnnm

Dean

n4deannnnnm.html

nnnnm. Cada vez que o penso... estaría mellor calado... pode que... ben, aí está... non, non é... un trankimazin... levo dous... hoxe... ben, esta semana... claro que é martes... ó menos serán de 0´5... xa... xa me gostaría... veráme dende aquí?... pode... a ver... mellor aquí... oh, si é... qué demos fará aquí?... a buscála... non, non, non... ahhh, foi sacar cartos... debe ter bastantes... gustaríame ver o seu extracto... 7.500 euros? 75.000?... pode ser... veña oh, se ten 28 anos... xa, pero canto leva traballando... Aí está... agora sí... está fermosa... camiña... camiño detrás... uii, que mira... mira ó escaparate... que non te vexa... estaráme vendo?... non... ben... canto levo así?... seis meses?... sei como se chama... Arantxa... a miña Arantxa... creo que se decata... non me coñece... si, sabe quen son... seguro que sorrí ó verme...  pero que non me vexa... leva uns zapatos moi fermosos... díxome a psiquiatra que non mirase o calzado... que non podo volver ó centro... encántanme os seus zapatos... voullos quitar... empúxoa... está no chan... que fermosa está no chan... teño forza para sacarllos... non pode aínda berrar... non me mire señora... non me berre, señora... o dereito... o esquerdo... teño que correr... levo os seus zapatos... os zapatos de Arantxa... non vos metades no medioo... está berrando... está chorando... paro?... non, non, non... corre... corre... merda... un municipal... esconde os zapatos... corre máis... unha rúa concurrida... os zapatos de Arantxa... párome... que cheiro... o cheiro dos zapatos de Arantxa... o zapato dereito 23, o esquerdo 25... que consigo este ano... salirá no xornal... "o ladrón de zapatos"... psicópata?... bromista?... ou tolo sen máis?... esconderéinos... onde os outros... perdón...


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega