Manuel Vila Falcón

n4manuelvilafalconsuaves.html


"Cuando hay algo que se gana
siempre hay algo que perder"*

     (*Yosi de "LOS SUAVES")




     Fai tanto tempo que non choro... Nembargantes, non lembro o meu último sorriso. A verdade é que se as bágoas fosen a miña debilidade, agora tería bastantes motivos para botar man delas.
     Cando se vai unha amiga, a un dóelle o corazón. Pero cando o fai para non voltar nunca xamáis, a un dóelle a existencia.
     Quizabes a sociedade axude nalgúns momentos, aínda que a min estame consumindo. Psss... Moitos números apuntados nunha vella axenda, moitas felicitacións polo Nadal e un senfín de saúdos polas rúas, pero cando se necesita unha man non cha dá nin Deus. Iso si, dinche as típicas hipocrisías de sempre (as cales, por certo, non serven de nada): "¡Joder...!", "lo siento mucho", "tes que ser forte..., ¿saes hoxe?", etc, etc, etc.
     Por desgracia, o supermercado pecha cedo e o whiski queda sen mercar. Hai que conformarse (non queda outro remedio) con dous paquetes de tabaco, a satisfacción de que ela preguntou por ti no hospital, os segredos que che contou nas cartas e a compaña do rock and roll.
     A cabeza quere estoupar, o sono non te atopa porque non tes nada que soñar, a melancolía forma unha samblaxe inseparable coa túa memoria, non hai présa por facer nada e segues manitando nas pantasmas que vagan pola túa mente... A vida é unha merda. O mellor sería non nacer, pero se a túa nai non che fixo ese favor, creo que se debe seguir adiante, incluso con penas, pois "un sólo día en la vida vale más que un año de buenos recuerdos"*.
     Ano novo, problemas novos... Hoxe remata o 1.998. A ver que destino me agarda mañá: o primeiro día... do resto da miña vida.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega