Pefume a liberdade

Pequena

n2pequenaperfumealiberdade.html

Entre os teus senos
hai un raposo
erguendo a bandeira
de ondas segredas
nas que sucumbimos
aquel segundo,
aqueles sete segundos.

Nos teus senos unha tormenta
de verán destrúe
as células mortas
que crin descubrir
na caixa vacía,


nas verbas lexicalizadas
co teu perfume a liberdade.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega