Nom habíam ser outros

R. Pereira

n2rpereiranomhabiamseroutros.html

nom habíam ser outros
os que che vinherom contar
que o silencio nom é um animal triste
e as palabras existem mentres caminham cara algúm cemiterio
onda mim chegarom coas mans cheas
de proxectos de viaxes
a lugares onde sobra toda a roupa
mesmo as ideas
e eu
eu faleilhes do meu pai
de como me aprendeu a curar
as feridas que as voces deixam nos oídos


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega