Escena Anxos de Guetto

Rubén Pérez Pombo

n2rubenperezpombolescenaanxosdeguetto.html
—Mamá, voume!
—Fillo, xa marchas? Onde vas? Por qué marchas tan cedo? Non andarás metido outra vez no da política, eh?
—Cala mamá
—Non me ves? Non dou feito máis, e esta tos non me deixa, porque non quedas na casa, comigo, e limpamos as habitacións, o salón, como faciamos antes...de que morrera teu pai, cantando e bailando...
—Cala
—it´s a beautiful day, it´s a beatiful day
—Cala xa!
—Neno, non te enfades, baila comigo, un pouquiño, recordas cando iamos o campo, e cantábamos e despois iamos o río, gustábache moito o río, inda recordo o día que perdiches o bañador na auga e quedaches nú diante de todos, que risa fora aquela.
—Mamá! veña, xa está ven de vivir dos recordos, cala! Voume, mamá, agora en serio, coidate.
—Porque dis iso? sempre me coido.
—Mamá, tardarei en voltar uns días, mañá comeza a guerra
—Fillo non
—Ti quedaraste acó, e dentro de pouco virán buscarte e levarante ó gueto, alí estarás a salvo ata que gañemos a guerra.
—Que carallo de guerra! Por qué, eh? Porque? Non o tes que facer polo teu pai, non o vas recuperar nin ti nin eu.
—Mamá, cala, os verdes gañaremos, e papá quedará vingado, fai o que che dixen, aló estarás a salvo.
—E ti? Que vas facer?
—Loitar
—Que merda de loitar é esa, fillo queda comigo
—Adeus.
—Fillo, porque non me axudas a mover o sillón? Se encontras unha moeda, regálocha, bueno, se é das grandes pensareimo, bueno, doucha tamén, cantamos xuntos? it´s a beautiful day gústache? é un día moi bonito, vai un pouco de calor de máis, imos o río? Colle o bañador de cadros azuis e vermellos, vale? É que che queda moi ben, fillo, onde estás? enfadácheste? prefieres o bañador a raias marróns? Ti colle o que queiras, fillo, onde estás? Ah! olvidouseme decirche unha cousa. Adeus.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega