Chove

Señor das Lixelas

Respirei os zumes todos deses tempos dourados e escollín a memoria por ilícito presente

 

Vivín entre escombros a nenez,
nacín entre ruínas.
Tiven tempo de saber das derradeiras pedras,
das persoas afumadas coa sapiencia dos tempos.
E fuxiron.
E aquí quedei, descarnado, berrando na procura do atrás.
Palpando silvas
na escuridade das corredoiras que deixaron de existir

Chove.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega