Entre os dous
un abismo de sangue mesta que nos une,
un infindo e abafante non-parar que me agonía,
eleva
te
que
e
un silenzo latente, fillo dos poemas do spleen,
aquel hastío
que mergullaba a Baudelaire
é o que me empurra
a perforar coa língua na túa cova
na procura do bafo que tinxe de veleno o ceo.
Malditos. Sobor da faciana do abrente,
só se divisa máis Noite,
o mar, en diante,
labrado en r e t r i n c o s
de pranto e de morte
xuntos, xirando no Inferno,
amantes,
atados por sedes de abismos;
absurdos e escuros
saudosos, amargos,
infindos?
tan novos, os dous,
tan meniños
que arelamos, inda ilusos, a quentura
perdida no ventre, fundirse ao cosmos,
(pro tan perdidos)
Pode que te odie,
que te cuspa na face porque é de néboa,
pro cando o fago
estou a llo facer ao meu espello,
á miña vida,
es,
odi et amo,
os dous mái-lo abismo.
|