Na erótica do sumiso

Spleen

n2spleennaeroticadosumiso.html

acendes o latexo no meu ventre
sinalas o vieiro do meu bafo
prénde-la escota
debuxando en zig-zag
a eséxese que explica o meu sospiro
cálmasme a sede
co néctar que navega no teu beizo

moldéa-la quella

devalo

zuméga-la brisa

expiro

tornas corpórea
e o desexo perde o nome
na íngua do silenzo


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega