Saudades. Retorno.

Spleen

n2spleensaudadesretorno.html

Cando ficou o sol complacido
capturei a imaxe borrosa
do berce
e vinme medrar paseniño
extasiado e feble
co miolo do mel na boca
agardando sen medo
a resposta ao por qué
solfeando
o ritmo cadencioso dun zocos vertebrados
no esguío que se erixe
entre o afirmativo e a privazón

sen recunchos de fel nas lembranzas
e orfo
e vin a semente da papoula madurando
virxe e atenta
sen decatarme
que o cancro da nostalxia
espertaba en cada liña
curva e verde


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega