Brigántia

Un ademirador do esquencido R. Otero Pedrayo

n2ademiradorbrigantia.html

Enriba das brétemas do Orzán
decansa unha cibdade.
Brigántía é o seu nome, a súa Históría
escrita está nas pedras iñoradas
que fican baixo a Torre,
a única que pode albiscar
as Illas. As Illas.
                         E o tempo
esvaise co fume das chemineas cara outro tempo,
cara outro fume, nesa cibdade da que as pedras escintilan
coa chúvía do verán que cai sobre os invernos.


     E pensan
que non son máis que estrelas.
Eu sei que non é eisí,
que o brillo das estrelas non cai en cada pinga de auga fría;
e na cibdade que recolle tódalas sementes,
a luz descende en cada faísca de soño.
É un anceio.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega