Despois do inverno

Victoria Lojo Vicente

n2victorialojodespoisdoinverno.html

A miña madeira paciente
cansa e espida de beleza
tanto inverno ca morte latente
que me arrepía a túa presa.

¿Por qué endexamais me sorprendes?
¿Por qué sempre es rutineira?
Abafo co teu alento quente
repetido a conciencia.

Quero sentir na pel núa
a mornura das noites cheas
non me botes tantas flores
que me cobren e me cegan.

Déixame sen ornamentos
non quero descendencia
devezo por sementar o solo
que me mantivo ergueita.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega