Homaxe a Arafat en nove movimentos

Viva Galiza Ceive

n2vivagalizaceivehomaxeaarafat.html

e nunha man a fouce,
e noutra man a oliva!

R. Cabanillas




I

Espreitan as estrelas
o decorrer dos povos, cada noite.

Mais hoxe unha escintila
coma se fose o sol que empreña a Terra.

Esa non espreita
o decorrer dos povos, cada noite.

Esa é a que fai andar ao povo,
ao seu povo polos vieiros da espranza.

Esa estrela xamais desaparece.
Anque deixa de brillar, a súa luz
agroma das raices da eisisténcía.



II

Coma un irmau che falo,
e cando o fago miro cara o ceo,
non porque creía en deuses inventados,
sinón porque eres luz, porque eres aer,
por que eres lume e vento.

É túa a miña noite,
e choran os meus ollos o teu pranto.
As nosas Terras son ben diferentes,
mais son Terras, ao cabo. Son igoaes.
Das dúas ningunha é nosa, compañeiro.

Os nosos soños son igoales. Tí es máis nobre,
máis bó e mellor irmán. Es máis persoa.
Mais realmente somos semellantes,
dous fillos de dúas Razas,
dous fillos de dúas Terras,
dous membros de dous povos.
Dúas persoas que aman
o que lles dá a eisesténcía.

Camiñaban ao teu rente moitos homes,
persoas por sí mesmas, á luz do teu abrente,
Agora tí marchaches,
pero queda o camiño
que marca a direizón de toda loita.



III

As noites non amencen por sí mesmas;
fai falla sempre un sol que as defumine.

     Ouh luz da túa fronte,
     fica eiquí!
     Sexamos todos sol para queimares
     as seis pontas da estrela.



IV

Lembranza pró que puxo co seu sangue
as lousas no camiño.



V

Pobre Terra,
que non tendo coma a nosa
que espertar dalgún sono,
fica esquencida, anque todos a coñezan.
Pobre Terra mártir Palestina.



VI

Érguete e anda, Raza sometida,
e loita cos teus homes na mártir Palestina.



VII

Unha vez houbo un home
que nunca dixo meu.

Outra vez houbo outro
que porriba de non dizeres meu,
loitou polo de todos.



VIII

Unha vez houbo unha persoa.



IX

Esquence do diñeiro,
mundo podre, nido de bechos.

Esquence do diñeiro e da matéría,
que a liverdá dos Povos
é a liverdá das Terras.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega