Carta ós nosos erros

Xadeiro

n2xadeirocartaosnososerros.html



Versos os nosos erros (véxase capitalismo, sociedade autodestructora....)


A seriedade das miñas bágoas
clarifica o porque da miña dor,
refuxiada tanto tempo
na soporifera felicidade ausente.

Así as pregarias da falsa fe,
rubiron polo meu corpo,
empregando adversos tintes,
que mudaron falso ceo
no cal pensaba residir.

Dende logo que sen rendir tributo,
pois non pensaba no paraiso,
nin no inferno que me gardaches,
por cuspir no establecido.

E agora dis que no fuches,
mentres rematas de enterrarme
na fosa que eu mesmo cavei
sendo súbdito das túas ordes.

Mentres introduces nun sobre
os que foron meus pensamentos
remito: asasina dos que pensaron
que opinar era un dereito.

Preguntome onde topaches
con ese magnifico disfrace,
que entre todos construimos
cos nosos inválidos farrapos,
pel da túa extrema condición.

E cando guindabas os meus restos,
na miña última mostra de lealdade,
pedin eterna clemencia,
por non obedecer a maioría.

Tendichesme a man,
infundada pola confianza,
da que eu tanto sufrín,
sendo agora a máis indigna
forma de sabotaxe mutua.

Xa coas nosas mans xunguidas,
a miña mente resucita,
rexeitandote con malicia,
herdada de ti,
a miña peor mestra.

Foi así como o aprendiz,
recordando os vellos castigos,
ante os que sempre sucumbira,
derrubou o seu patrón.

Alentado por valiosos espiritos,
logrei a miña contrarreforma,
que nunca darei por rematada,
debido o poder dos teus esbirros

Xa esquecendo a túa existencia,
topeime co enfurecido gando
guiado polas túas palabras
pretendendo establecer
un antes e un final.

Así esborrecían os 4 ventos
ser vasalos dun ente superior
non sendo capaces
de ouvir as miñas precaucións.

Pensando xa na miña submisión,
a valentía foi o meu alimento,
para salvar o novo mundo
coma o máis exabrupto héroe.

Cara a cara:
Fronte un inimigo maior que nunca,
dispoñiame a realizar un exame vital,
onde non se podía suspender,
sendo sempre o resultado,
unha mostra evidente dos erros cometidos.

A excomuñon dos teus valores,
viña precedida polo cambio,
que uns poucos quixemos ver.

Derrotada no chan, xacente
pedirasnos clemencia,
ós teus infieis desertores,
xuíces dun caso con solucción previa,
que ti mesma dispuxeches

Quizabes esto so sexa un soño
pero cada vez que morre un "irmán"
se acciona unha nova bomba
ou a incompentecia se liga o poder


Alí, sexa onde sexa,
eu erguerei:
A miña fracturada voz,
tentando establecer,
os novos mandamentos
para un futuro mellor

(si ese ti poético es ti, miña noxenta sociedade, que eu non quixen construír)


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega