Perdidos

Xadeiro

n2xadeiroperdidos.html

Labirintos de espellos
impidennos observar
o camiño a seguir
mentres xogamos a ser alguen.

Sombras adentranse,
na funesta rutina,
usurpando a ledicia de existir,
alimento de mentes impropias.

Pasamos a vida navegando
con paso firme e rumbo fixo
ata que as desesperadas viraxes
celebran a chegada das tempestades.

Somos un xogo para o poder
máis coma non somos parte del
caemos;
sendo privados de decisión
condenandonos;
a aceptar, sen pensar.

¿Que é amar?
¿que é soñar?

Miles de preguntas
asoballan o teu ser
que tenta aprender
a valerse do seu parecer
afogado nun mar logros
onde recuperar non é fácil.

Días e meses
datan a nosa amargura
de non poder ser libres,
arrendanos do establecido.

Miles de cadeas,
penduran do meu cadaver,
froito do traballo
no que sempre fun escravo.

Fouces condenatorias
segan campos de vides
onde reside o alento,
que axudara a respirar
limpando estos vellos pulmons
auguradores dunha nova perdida.

Cuspen
fendendo o silenzo
nas túas verbas:

ex-loitadoras, ex-vitais....

Vagabundeando
atopamos unha corredoira,
decisiva de moitas victorias
onde agora tan so descansan
celebres pero esquecidos
momentos de groria.

E ti procuras a semente
dunha fe propia
pero esta é envelenada
con falsas historias:

Prometedoras dun paraiso,
a cambio dunha dependencia
exenta de realidades.

(relixións....que noxo...)

E aquí xa desfeitos,
empresas e leis,
maxenannos con hipocresia
captando a nosa cobardía
facendonos seus
coma podre mercancía.

Pero pese a tudas
as espiñas clavadas.

Oense pasos
que anuncian a chegada

dun novo eu
                  dun novo ti
                                  dun novo nós

que veña a mudar,
a obediencia escravizada,
por gañas de existir.


Inquedo e só:

Fixo a mirada no lume,
e deseño un cálido futuro
onde seremos participes
de tódolos nosos actos

E estos versos
non da lugar a dúbidas
o pai dos mesmos
achase perdido.....p


(pero anda na procura de si mesmo)


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega