Déitome

Xonesmi

n2xonesmideitome.html

déitome
ameazan reloxo, móbil, alarma
unha radio
canso xa non durmo
libérome en rodamentos
espirais sobre sabas
abrazo a almofada e cúbrome de medo
a mañá secuestra a noite
esperto antes da morte
¿u-la lúa?
fillo orfo de nai minguante
a rutina da estrada de bocexos
as horas en ringleiras de reflexos
zombies dos nosos soños
mortos pol@ capital


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega