Lévame marmelada

Xonesmi

n2xonesmilevamemarmelada.html

lévame

lévame como unlla túa
deixa que me aferre como mexillón do pitillón á túa carne
mórdeme con dozura
chupíñame na meia lúa
non pilles o dedo con portas
mudarei azul e despeñareime por cantís de penarroiba

lévame como ferida
aberta e vermella
de navalla a traizón
deixa que faga cotra
desaparecerei en po marrón
cando non sintas a dor da miña presenza

lévame na retina
ou retido na pupila
ese ollar raio sol
protéxeme
sonche ícaro putrefacto
cando canses pecha e soña
soña ata que os corvos
adeus vista dos meus corvos...



pero eu en verdade só quero ser saliva
náufrago dos sete mares
mergullado na túa boca
vivir na túa lingua
estar dentro e fóra
estruchado contra a parede
ou tragado no teu ventre
moco sangue leite
alimento fame sede
vómito
palabra
canción
en cada beizo os teus restos
marexada dos teus bicos

mar melada


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega