O sabor do chocolate

Xonesmi

n2xonesmiosabordochocolate.html

recordo o sabor do chocolate mmmmm(pronuncia grave)
ti dabas lambetadas ás sorpresas
cita: coa (con)fusión bebémo-las estrellas
adiviñei o teu nome na pirámide
e momifiquei o teu rostro exipcio ¿indio?
levaches contigo a fala d@s gat@s
ese ollar de millóns de atúns marróns
mergullados en nubes que en/(a)si/na/(da)/bas
eu (con)(pro)fusión estelas de avións
busqueite sen coñecerte nos (aero)portos
cafeterías de estación de tren
estabas nun nicho
bonaval desenterrou as flores da choiva
tiñas no pelo cenorias, ¿laranxas?, xa non quedaban grelos
disque nunca che escribín uns versos
cando ti me cantabas en ishadas de do/r(e)alegría
acompañeiche con sons de mala colleita
hoxe=sempre lanzo o meu corpo ás túas costas
e lévame a marea e(´) marea a (miña) vida
cando choras é cando máis me seco
quedo como as cunchas
esperando a que fagas colar comigo
e me leves no teu peito


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega