A noz

Xoubas

n2xoubasanoz.html

Chega o Outono,
Esvanecen os recordos do verán,
nace unha nova vida,
un novo froito
rodeado dunha pel
impermeable ao paso do tempo,
inmutable e axeno
a todo o que acontece
ao seu arredor.
Velaí o momento esperado,
o momento en que se mostra,
en que se declara todo
o que leva dentro.
E aí está!!!
Formado por duas pezas
que se atraen,
que se complementan,
que viven en pleno contacto e integridade,
de tal xeito, que a prima vista
semellan unha soa.
Dúas pezas forxadas do mesmo material
i esculpidas con tanta precisión,
que soio a man dun ser divino
puido se-lo creador.
Dúas pezas cun mesmo miolo
e cun mesmo corazón.
Alguén dubidará de que isto exista,
Pero é veridico i evidente,
Chámanlle a noz,
¿ou quizais o amor?


                        Lalín, 4/12/2003

M. Costa


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega